Saltar ao contido

Pazo Arretén

Experiencia gastronómica

Degusta as nosas propostas gourmet.

O Pazo Arretén non é só un aloxamento: no noso hotel tamén ofrecemos unha experiencia gastronómica gourmet para que goces cos cinco sentidos.

Comeza o día co noso almorzo premium e desfruta como nunca dos nosos restaurantes situados a 5 minutos de Pazo Arretén: Asador O’Pazo, recoñecido cunha estrella Michelin e dous Soles Repsol, e Brandal.

2-pazoarreten gastronomia

Almorzo premium

Sabemos que o almorzo é a comida máis importante do día, e en Arretén queremos darlle a relevancia que se merece.

Por iso, o servizo de almorzo adáptase cada día para ofrecer a mellor experiencia aos nosos hóspedes, podendo presentarse en formato buffet ou á carta, segundo a organización do pazo.

Aquí, desfrutarás coma nunca do noso servizo de almorzo buffet cunha gran variedade de productos como tostas de Pan da Moa, Xamón Ibérico, salmón afumado, queixo, froita fresca, marmeladas e bolería.

E no almorzó premium á carta, cada xornada atoparás novas propostas entre as que destacan a orixinalidade e a calidade das materias primas. Tostas de aguacate, ovos benedict, torradas ou unha selección de pan e bolaría feitas no forno da casa. Ti elixes!

Night brunch

Lixeiras, divertido e con produtos exclusivos: así é o servizo de ceas do Pazo Arretén. Co noso brunch nocturno poderás despedir o día cunha selección de petiscos que compoñen unha carta chea de personalidade: anchoa San Filippo, sándwich club, xamón Joselito e moito máis.

Non poderás escoller!

Asador O’Pazo

Asador O’Pazo é o noso restaurante galardoado cunha estrela Michelin e dous soles Repsol. Comandado polos irmáns Óscar e Manuel Vidal en cociña e sala, e coa sommelier Almudena Feal a cargo da adega, vivirás unha experiencia enogastronómica única coa que poderás viaxar aos sabores máis ancentrais de Galicia.

O restaurante sitúase a 2 quilómetros do hotel, polo que é preciso desprazarse en coche para chegar. Tamén podes facelo co noso servizo de transfer gratuito, previa reserva en recepción.

Para visitar o restaurante O’Pazo é preciso facer reserva previa en asadoropazo.es ou a través de recepción.

Asador O’Pazo

Asador O’Pazo é o noso restaurante galardoado cunha estrela Michelin e dous soles Repsol. Comandado polos irmáns Óscar e Manuel Vidal en cociña e sala, e coa sommelier Almudena Feal a cargo da adega, vivirás unha experiencia enogastronómica única coa que poderás viaxar aos sabores máis ancentrais de Galicia.

O restaurante sitúase a 2 quilómetros do hotel, polo que é preciso desprazarse en coche para chegar. Tamén podes facelo co noso servizo de transfer gratuito, previa reserva en recepción.

Para visitar o restaurante O’Pazo é preciso facer reserva previa en ou a través asadoropazo.es de recepción.

Restaurante Brandal

Situado no emblemático Hotel Scala, xusto ao pé da última etapa do Camiño de Santiago, Brandal é o lugar perfecto para gozar dunha gran experiencia gastronómica. A súa sala elegante e sobria convídate a gozar dunha proposta de alto nivel. Ademais, conta con dúas zonas para reservados perfectas para unha experiencia máis íntima.

O menú, pensado para ocasións especiais, céntrase no bo produto e nos sabores
tradicionais da nosa terra. Desfruta das mellores carnes galegas e dos peixes e mariscos frescos das nosas rías nun ambiente sofisticado.