Eventos
O Pazo Arretén é o espazo perfecto os noivos que procuran casarse nun lugar con historia, personalidade e carácter propios.
A pedra centenaria da nosa casa señorial, a escalinata do noso atrio, a auga que arrola nas nosas fontes ou a frondosa vexetación da nosa finca, unidos ao bo facer dun equipo con máis de 45 anos de experiencia na celebración de eventos; converten ao noso pazo no escenario no que celebrar o enlace que imaxinades.
Benvidos á voda dos vosos soños!





Unha cerimonia única
O Pazo de Arretén está presidido pola gran casa señorial dos Bermúdez de Castro, que data do século XVI e pertenceu á familia da poetisa Rosalía de Castro. Aos seus pes encóntranse varios dos emblemas da nosa finca: a capela, a escalinata de pedra pola que pode entrar a noiva, e o atrio.
Neste enclave inigualable é onde se celebran as nosas cerimonias civís: un espazo único no que os noivos brillan con luz propia, e con amplitude suficiente para que todos os convidados desfruten con comodidade dun momento tan especial.




Aperitivos e banquete con estilo
Rematada á cerimonia, é tempo de divertirse cos convidados e degustar o aperitivo. Para isto movémonos ao carón da nosa fonte, onde preparamos varias estacións de comida galega e espazos cómodos para gozar de música en directo, cociña en directo ou do noso coctail bar. Todo o que queirades!
Xa durante o banquete, a festa desprázase a un espazo con incribles vistas ao noso viñedo. Aquí, ademais de degustar un exquisito menú, tamén é onde se celebra un dos momentos máis importantes do día: a festa! Un gran espazo para dalo todo na pista de baile, degustar os combinados na nosa barra libre ou repoñer forzas coas nosas mesas doces.







Unha gastronomía de Estrela
Aínda que moitas veces é o gran esquecido, contar cun bo menú é indispensable para que unha voda sexa redonda.
En Pazo Arretén todos os menús son confeccionados polo chef Óscar Vidal do asador O’Pazo, o noso restaurante galardoado cunha estrela Michelin e dous soles Repsol. Ademais, os pratos elabóranse ao momento e in situ na cociña situada no mesmo salón, nun proceso de elaboración no que participa parte do propio equipo de O’Pazo.
En Arretén esquecédevos dos cáterings e das preocupacións: aquí só gozaredes dos mellores produtos e pratos de Galicia!



