Historia
O Pazo Arretén é un espazo único, unha xoia da historia de Galicia da que hoxe podes gozar como nunca ata o de agora.
Tamén coñecido como Casa Grande de Arretén, a finca pertenceu durante xeracións á familia fidalga Bermúdez de Castro, que no século XVI construíu o pazo de estilo renacentista.
É, polo tanto, o lugar no que residiron durante tempos inmemoriais os antepasados da poetisa Rosalía de Castro, emblema e figura por excelencia de Galicia, e onde tamén naceu a súa nai, María Teresa da Cruz Castro.

A ela, á vila de Padrón, á comarca do Sar e ao noso pazo, coa súa cálida lareira e a súa portentosa capela, dedica Rosalía algúns versos nun dos seus poemas máis coñecidos, “Como chove miudiño”:
E tamen vexo enloitada
D’ Arretén á casa nobre
Dond’ á miña nay foy nada!
Cal viudiña abandonada
Que cay triste ô pe d’ un robre.
Casa grande, lle chamaban
Noutro tempo venturoso
Cand’ os probes á improraban.
E fartiños se quentaban
O seu lume cariñoso.
Cand’ os cantos ná capilla
Da gran casa resoaban
Con fervor e fé sensilla
Rico fruto d’ á semilla
Qu’ os barons santos sembraban.
Rosalía de Castro. Cantares Gallegos, 1863
A ela, á vila de Padrón, á comarca do Sar e ao noso pazo, coa súa cálida lareira e a súa portentosa capela, dedica Rosalía algúns versos nun dos seus poemas máis coñecidos, “Como chove miudiño”:

Rosalía de Castro
Poetisa e novelista
1837-1885
E tamen vexo enloitada
D’ Arretén á casa nobre
Dond’ á miña nay foy nada!
Cal viudiña abandonada
Que cay triste ô pe d’ un robre.
Casa grande, lle chamaban
Noutro tempo venturoso
Cand’ os probes á improraban.
E fartiños se quentaban
O seu lume cariñoso.
Cand’ os cantos ná capilla
Da gran casa resoaban
Con fervor e fé sensilla
Rico fruto d’ á semilla
Qu’ os barons santos sembraban.
Rosalía de Castro. Cantares Gallegos, 1863

Co paso do tempo, o pazo foi sumíndose no abandono ata alcanzar un estado ruinoso. No ano 1999 foi adquirido polo grupo Vidalferrs e, tras unha importante reforma, volveu á vida. A súa antano famosa horta volveu a brotar, neste caso con viñas de uva albariña para a produción dos viños da bodega Pazo Arretén, adheridos á D.O. Rías Baixas.

Agora, é o momento de que ti poidas desfrutar da Casa Grande.
Hospédate en Arretén, desconecta entre os seus muros de pedra, sorpréndete co arrolo das súas fontes e sinte a esencia mesma da historia de Galicia.