Experiencia gourmet
O Pazo Arretén non é só un aloxamento: no noso hotel tamén ofrecemos unha experiencia gastronómica gourmet para que goces cos cinco sentidos.
Comeza o día co noso almorzo premium, goza co noso night brunch e desfruta como nunca co noso restaurante recoñecido cunha estrela Michelin e dous soles Repsol: Asador O’Pazo.

Almorzo premium
Sabemos que o almorzo é a comida máis importante do día, e en Arretén queremos darlle a relevancia que se merece.
Por iso desfrutarás coma nunca co noso servizo de almorzo premium á carta, no que cada xornada atoparás novas propostas entre as que destacan a orixinalidade e a calidade das materias primas.
Tostas de aguacate, ovos benedict, torradas ou unha selección de pan e bolaría feitas no forno da casa… ti elixes!

Night brunch
Lixeiras, divertido e con produtos exclusivos: así é o servizo de ceas do Pazo Arretén. Co noso brunch nocturno poderás despedir o día cunha selección de petiscos que compoñen unha carta chea de personalidade: anchoa San Filippo, sándwich club, xamón Joselito e moito máis.
Non poderás escoller!

Asador O’Pazo
Asador O’Pazo é o noso restaurante galardoado cunha estrela Michelin e dous soles Repsol. Comandado polos irmáns Óscar e Manuel Vidal en cociña e sala, e coa sommelier Almudena Feal a cargo da adega, vivirás unha experiencia enogastronómica única coa que poderás viaxar aos sabores máis ancentrais de Galicia.
O restaurante sitúase a 2 quilómetros do hotel, polo que é preciso desprazarse en coche para chegar. Tamén podes facelo co noso servizo de transfer gratuito, previa reserva en recepción.
Para visitar o restaurante O’Pazo é preciso facer reserva previa en asadoropazo.es ou a través de recepción.
Ofrécese traslado gratuíto dende o Hotel Pazo Arretén.
Asador O’Pazo
Asador O’Pazo é o noso restaurante galardoado cunha estrela Michelin e dous soles Repsol. Comandado polos irmáns Óscar e Manuel Vidal en cociña e sala, e coa sommelier Almudena Feal a cargo da adega, vivirás unha experiencia enogastronómica única coa que poderás viaxar aos sabores máis ancentrais de Galicia.
O restaurante sitúase a 2 quilómetros do hotel, polo que é preciso desprazarse en coche para chegar. Tamén podes facelo co noso servizo de transfer gratuito, previa reserva en recepción.
Para visitar o restaurante O’Pazo é preciso facer reserva previa en ou a través asadoropazo.es de recepción.
Ofrécese traslado gratuíto dende o Hotel Pazo Arretén.

Restaurante Brandal
Situado no emblemático Hotel Scala, xusto ao pé da última etapa do Camiño de Santiago, Brandal é o lugar perfecto para gozar dunha gran experiencia gastronómica. A súa sala elegante e sobria convídate a gozar dunha proposta de alto nivel. Ademais, conta con dúas zonas para reservados perfectas para unha experiencia máis íntima.
O menú, pensado para ocasións especiais, céntrase no bo produto e nos sabores
tradicionais da nosa terra. Desfruta das mellores carnes galegas e dos peixes e mariscos frescos das nosas rías nun ambiente sofisticado.
Ofrécese traslado gratuíto dende o Hotel Pazo Arretén.